• Galego
  • Español
Resultados da 3ª e 4ª Proba da Liga Ibérica de Agility 20111-2012 PDF Imprimir Correo-e

Nesta fin de semana celebrouse a 3ª e 4ª Probas da Liga Ibérica de Agility. Por problemas de última hora,os nosos amigos portugueses do Caniclube, non puideron realizar a proba que estaba previsto, sendo trasladada a dita proba a Redondela, ao campo de adestramento do Club Patas.

Os Xuices das Probas foron Filipe Vilhena o sábado e Manuel Martins o domingo. Dende aquí queremos felicitar a ambolos dous polo seu bon facer, e muy particularmente a Manuel Martins, xa que se estreaba nesta Proba como Xuíz.

 

O tempo foi frío, pero despexado, o que é de agradecer nesta época do ano. As pistas foron divertidas, o ambente agradable. Despois da tradicional entrega de trofeos, e ao obxecto de celebrar o nadal, desfrutamos dunha pequena cea nas propias instalacións do club compartindo entre todos os pratos que cada club aportou.

Os apartados "Clasificacións" e "Resultados" xa están actualizados cos datos desta última proba.

Un saúdo a todos e vemosnos na próxima pista!