• Galego
  • Español
QUÉ É O AGILITY? PDF Imprimir Correo-e

O AGILITY é un deporte que consiste en facer un percorrido contra reloxo, de diferentes obstáculos que debe pasar un can dirixido polo seu guía, constituíndo os dous un equipo. Na execución do percorrido conta a velocidade e a calidade na súa execución. O xuíz de cada proba decide o trazado do percorrido, que normalmente consta de 15 a 20 obstáculos de diferente altura dependendo do tamaño do can, e inclúe tamén obstáculos nos que o can ten que tocar obrigatoriamente determinadas zonas de contacto. Un obstáculo mal realizado supón unha penalización. A distribución dos obstáculos e o tempo determinado polo xuíz para a súa execución son os que determinan a dificultade para rematar o percorrido, sendo vencedor aquel equipo que o faga no menor tempo e sen penalizacións.

O percorrido e a posición dos obstáculos modifícanse nas diferentes mangas da proba co fin de evitar calquera mecanización do can e deséñanse coa dificultade suficiente para que o can non poida facelos sen as indicacións do seu guía.

Esta actividade educativa e deportiva favorece a harmonía entre ambos e a súa complicidade e coordinación, xa que o control do can por parte do seu guía faise coa voz, sinais manuais e linguaxe corporal, polo que é imprescindible ter un bo adestramento de base.

En definitiva, o AGILITY é a educación a través do xogo: é accesible a todas as razas, incluso as máis pequenas, e favorece que o can sexa equilibrado, sociable e que estea moi atento ao seu guía.