• Galego
  • Español
QUÉ É A FGA? PDF Imprimir Correo-e

A Federación Galega de Agility (FGA) creouse o 26 de febreiro de 2011 e está inscrita no Rexistro Xeral de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia co número 2011/000217.

A Federación Galega de Agility nace co fin de establecer unha coordinación xeral entre as asociacións, grupos e entidades de práctica de agility en Galicia, sendo o seu obxectivo principal o de fomentar e apoiar a práctica do agility, e en xeral de toda actividade física e deportiva realizada por persoas acompañadas dos seus cans.

Na actualidade en Galicia existen ao redor de cen agiliteiros practicando este deporte en diferentes clubs, para os que a constitución desta Federación era, desde hai tempo, unha das súas maiores aspiracións. Deste xeito facilítase o acceso á competición xa que as probas teñen lugar no noso contorno xeográfico, o que supón un grande avance cara a consolidar a práctica deste deporte na nosa Comunidade Autónoma. Así, e para acadar este obxectivo, o mesmo ano da constitución da Federación, ponse en marcha a Liga Ibérica de Agility.