• Galego
  • Español
SEMINARIO DE ADESTRAMENTO FUNCIONAL PARA A PREVENCIÓN DE LESIÓNS EN AGILITY PDF Imprimir Correo-e

SEMINARIO DE ADESTRAMENTO FUNCIONAL PARA A PREVENCIÓN DE LESIÓNS EN AGILITY

 

A fin de semana do 18 e 19 de febreiro tivo lugar en Moaña un seminario de adestramento funcional organizado pola FGA e impartido por Natalia Peral Le Borgne.

 

Durante a parte teórica do seminario describironse as principais lesións deportivas dos cans de agility para pasar posteriormente a abordarse as técnicas xerais de adestramento do can deportivo e de maneira máis concreta as de quentamento e estiramentos do can.

 

Durante a parte práctica, empezouse por facer unha valoración individual de cada can para posteriormente realizar exercicios de propiocepción e de estiramentos para realizar antes e despois da práctica deportiva. Durante a maña do domingo os participantes aprenderon a relaxar aos cans mediante técnicas de fisioterapia e con estimulación eléctrica.

 

@page { margin: 2cm } p { margin-bottom: 0.25cm; line-height: 120% }

Natalia Peral é veterinaria e fisioterapeuta. Exerce a súa actividade profesional en Madrid e é a fisioterapeuta do equipo que representará a España no campionato mundial WAO, que se celebrará en Holanda no mes de maio.