• Galego
  • Español
Bos resultados dos agilitistas da FGA no WAO 2014 PDF Imprimir Correo-e

Entre os días 14 e 18 de maio tivo lugar en Lignano (Italia) o World Agility Open (WAO), un dos máis importantes eventos mundiales de agility e no que participan uns 400 equipos, entre elos figuras internacionais, procedentes de diferentes partes do mundo. Entre os participantes deste ano atopamos por exemplo, ás canadienses Kayl McCann e Susan Garret, á eslovena Silvia Trkman, ao italiano Nicola Giraudi, aos fineses Juha Orenius e  Niina-Liina Linna ou aos suecos Jouni Orenius e Isabelle Emanuelsson entre outros moitos.

Da FGA participaron un total de 7 equipos guía-can representando a diferentes paises. No equipo español participaban os competidores da FGA, Julio Freire & Peka, Bruno Otero & Hada, ambos do Club Agility Patas, Félix Fernández & Honta, Carlos Souto & Hachi, Carlos Souto & Indi do club Teocan . No equipo arxentino, Fernando Estevez & Pepa do Club Agility Compostela e Jorge Ramos & Daxa do Club Agility Coruña. Por último, no equipo de Venezuela participaba Silvia López & Cata do Club Agility Compostela.

En canto aos resultados saliantar o 8º posto acadado por Jorge Ramos & Daxa no pentahlon individual na categoría 525, que ademais quedou 3º no jumping do biathlon, quedando na posición 15ª na final do biathlon.

Na 9ª posición do biathlon quedaron Fernando & Pepa en 525 e Julio & Peka en 400. Julio & Peka finalizaron na posición 24 no games.

Pola súa banda, Carlos & Hachi quedaron no 9º posto no pentathlon individual, e no posto 24º tanto no biathlon como no Games da categoría 300. Carlos & Indi remataron no 17º posto no Pentathlon e no 23º no biathlon na categoría 525

Por último, Silvia & Cata remataron no posto 11º do pentathlon individual e no posto 39º do biathlon na categoría 525.

En cada unha das categorías competían sobre uns 77 equipos.

Xa que logo, á vista dos resultados, é de saliantar o bo nivel dos agilitistas da FGA, tendo en conta que 4 dos 7 participantes quedaron no "Top Ten" nas súas respectivas probas o que representa un estímulo para esta Federación tan nova que está correndo este ano a súa cuarta liga.

Noraboa a todos e a prepararse para Ermelo, Holanda, 2015!!