• Galego
  • Español
Cruft 2014 PDF Imprimir Correo-e

Julio Freire, competidor da FGA, invitado polo Kennel club de Inglaterra, para participar nos Crufts 2014 (Birmingham, 6 - 9 de marzo).

O Kennel club organiza 3 grandes eventos caninos ao que acoden miles de persoas cada ano: os Crufts en marzo, o IAF (International Agility Festival) en agosto e o Discover Dogs en novembro.

Os Crufts non son un open, senón que participan competidores que proveñen de toda Gran Bretaña e que destacaron e se clasificaron en distintas competicións ao longo de todo o ano, incluído o IAF. Así mesmo tamén se invita a guias e cans representativos e prestixiosos doutros países que destacasen polos seus resultados deportivos no IAF. Entre os invitados este ano pola organización dos Crufts está Julio Freire co seu border collie Chika, do club Agility Patas de Moaña. Julio Freire participou coas súas duas border collie, Peka e Chika,  no IAF de 2013 en categoría midi e estándar respectivamente, obtendo uns excelentes resultados, sendo o español mellor clasificado. Con Chika foi o gañador da National Cups, finalista en individual e campión por equipos en categoría estándar. Con Peka foi 3º no jumping da National cups, 5º en Agility de grado 6 e 6º en jumping de grado 6, dun total duns 500 cans en cada categoría. Con esta mesma cadela foi subcampeón por equipos en midi.. A parte destes resultados hai que destacar que quedou 3º no campionato mundial WAO 2012. Este ano clasificouse para representar a España no WAO 2014 na categoría midi, con Peka, en biathlon, pentathlon e xogos. Na liga ibérica de Agility foi campión de liga en categoría midi na tempada 2012-2013, sendo ademais Peka a gañadora do premio ao “mellor can” en categoría midi ambos anos. Por último, o ano 2013 foi subcampión de España con Peka.

Os Crufts é un dos máis importantes eventos caninos do mundo. O primeiro tivo lugar no Royal Agricultural Hall en Islington en 1891. Durante os Crufts teñen lugar distintas disciplinas caninas, que van desde concursos de beleza e exhibicións de cans de traballo, de obediencia ou doggy dancing, ata varias disciplinas deportivas, entre elas o Agility. O Agility introduciuse nos Crufts en 1978 e a estrutura da competición mantívose ao longo dos anos. A final de Agility dos Crufts é probablemente una das maiores competicións e das máis prestixiosas finais de Agility no Reino Unido, senón do mundo. Asisten ao redor de 6000 expectadores e é retrasmistido por televisión. Neste video da final da categoría large de 2013, pódese un facer unha idea do público que arrastra este evento, http://www.youtube.com/watch?v=YcbiSQJJW9I

Desexámoslle moita sorte a Julio e a Chika nesta prestixiosa competición, que terá lugar do 6 ao 9 de marzo de 2014 en Birmingham (Inglaterra). A súa participación nesta proba é xa unha boa maneira de celebrar os seus 20 años de carreira deportiva no agility desde que empezara en 1994 coa súa cadela pastor alemán.