• Galego
  • Español
Copa da Federación Asturiana de Agility PDF Imprimir Correo-e

Noraboa a Zoe e Fernando Cardeña de Agility Coruña !!!

O pasado mes de decembro disputouse en terras de Don Pelayo a Copa da veciña Federación Asturiana de Agility, FAA, na quea FGA tiña pouca representación por coincidir coa última selectiva para o WAO 2014.

 

Entre os participantes estaba un competidor asturiano de Ribadesella, afincado en Coruña, Fernando Cardeña, que está federado na  Federación Galega de Agility, onde esta competindo en grado 1 desde o mes de novembro, hai apenas dous meses, coa súa preciosa cadela Border Collie chamada Zoe, que cumprirá 2 anos en febreiro e que promete dar moita guerra nas pistas e moitas alegrías a Fernando.

 

E aquí está xa o seu primeiro gran triunfo, sorprendendonos gratamente a todos quedando primeira na Copa asturiana. Desde a FGA queremos felicitar a este equipo formado por Zoe e Fernando polo éxito acadado e os animamos a continuar traballando así de ben.

 

NORABOA CAMPIÓNS!!