• Galego
  • Español
WAO 2014 - Lignano - Italia PDF Imprimir Correo-e

Oito competidores da FGA clasificados para participar no mundial WAO 2014 que terá lugar o próximo mes de maio en Lignano (Italia).


A fin de semana do 14 e 15 de decembro tivo lugar en Madrid a última das selectivas clasificatorias para o mundial WAO 2014 que se  celebrará en ítalia, concretamente en Lignano (una cidade situada moi cerca de Venecia), os días 16, 17 e 18 de maio de 2014. Cómpre saliantar a meritoria actuación dos representantes da FGA que, unha vez  máis, colocaron o listón ben alto estando presentes en case tódolos podios das diferentes categorías e modalidades. Lumy e Alejandro Salas, de Agility Coruña fixeron un 3º posto no Biathlon en 650 o domingo, Cata e Silvia López, de Agility Compotela conseguiron tamén un 3º posto no Biathlon do domingo en 525. King e Juan Muñiz de Teocan lograron quedar en 2º lugar en 300 nos Games do domingo. Por último, Hachi e Carlos Souto, tamén de Teocan quedaron 3º en categoría 300 de Games do domingo e 3º os dous días no Biathlon.  Aínda que Indi non tivo sorte esta fin de semana, logrou o obxectivo de clasificarse en categoría 525 do Biathlon para o mundial. Sorprendente o 3º posto de Romi e Violeta Pereira, de Agility Patas, nos Games 400 do domingo confirmando a súa recuperación e as boas sensacions que nos deixou na última proba da liga, sumándose así á festa de podios dos nosos representantes. Boa actuación de Zig de Robert Morán de Agility Valdorras que deron a talla unha vez máis facendo un meritorio 2º posto no Biathlon 400 do domingo. Peka e Julio Freire, de Agility Patas, foron os claros dominadores dos Games 400 quedando os dous días  no 1º lugar e conseguindo ademáis quedar en 2º lugar no Biathlon do sábado confirmando así a súa participación nas tres modalidades do mundial. Pero a gran sorpresa foi sen dúbida Meiga e Bruno Otero en 650 que chegaban a estas últimas probas case sen opción matemáticas de clasificación pero unha moi boa participación do domingo fixo que saltaran todas as estatísticas clasificándose para o Biathlon e o Pentathlon.

 

Así pois a FGA aportará 6 equipos á selección española para o WAO 2014:

King e Juan Muñiz en games, categoría 300

Hachi e Carlos Souto en games, categoría 300

Indi e Carlos Souto en biathlon, categoría 525

Zig e Robert Morán en biathlon e pentathlon, categoría 400

Meiga e Bruno Otero en biathlon e pentathlon, categoría 650

Peka e Julio Freire en games, biathlon e pentathlon, categoría 400

 

Por outro lado, hai que destacar tamén a participación doutros dous competidores da FGA que formarán parte da selección de Arxentina. Son Daxa e Jorge Ramos de Agility Coruña e Pepa e  Fernando Estevez  de Agility Compostela. Ambos competiran en games, biathlon e pentathlon en categoría 525.

 

En conclusión, 8 equipos que están competindo na Liga Ibérica de Agility da Federación Galega de Agility participarán nun total de 16 probas do próximo mundial WAO.

 

Noraboa a todos e moita sorte!!!