• Galego
  • Español
57ª e 58ª Probas da Liga Ibérica de Agility PDF Imprimir Correo-e

A pasada fin de semana, celebrouse en Cangas, organizada polo Club de Agility Patas, a primeira proba da Liga Ibérica de Agility correspondente ao Calendario de Competición da Tempada 2013-2014. Con esta son xa 58 as probas oficiais que leva organizada a FGA desde a súa constitución en febreiro de 2011. Nesta proba participaron preto de 30 cans cada día.

Nesta páxina web podedes ver tanto os Resultados como a Clasificación XeraL da LIA.

A próxima proba terá lugar no Campo de fútbol de A Baiuca, en A Estrada, organizada polo Club Agility Compostela o 12 e 13 de outubro 2013.