• Galego
  • Español
Setembro - 2012 PDF Imprimir Correo-e

 

O mes de setembro foi un mes moi intenso en canto a probas de Agility organizadas por clubs pertencentes á FGA. De todas e de cada unha delas fumovos tendo informados a través do Facebook da Federación convidánvodos a todos aqueles que aínda non o esteades, a que vos agreguedes ao fin de ter información puntual sobre eventos organizados pola FGA así como doutras novidades e informacións relacionados co mundo do agility.


En setembro inciciamos a tempada 2012-2013 e desde entón tivemos as seguintes probas:
  • 2 de setembro: proba de Grao 0 e de Grao 1, organizada por Patas na illa de A Toxa (Pontevedra).
  • 8 e 9 de setembro: 37ª e 38ª probas da LIA, organizada por Agility Lugo en Vilar de Donas, Palas de Rei (Lugo).
  • 23 de setembro: proba de Grao 0 e Grao 1, organizada por Agility Coruña no Parque de Eiris (A Coruña).
  • 30 de setembro: proba de Grao 0 e Grao 1, organizada por Mascotas O Camiño en Sarria (Lugo).
  • 6 e 7 de outubro: 39ª e 40ª probas da LIA, organizada por Agildogs en Baamonde, Teo (A Coruña).
Grazas a tódolos clubs polo esforzo realizado e noraboa aos competidores pola súa participación.