• Galego
  • Español
IAF 2012 Equipo da FGA PDF Imprimir Correo-e

Xa rematou o International Agility Festival (IAF) que se celebra anualmente en Inglaterra e no que participaron uns 3000 cans. A Federación Galega de Agility estivo representada por Filipe Vilhena con Mell e Juma, Manuel Martins con Indy e Noa (ambos do club Caniclube de Porto), Julio Freire con Peka e Chika e Alberto Costas con Pica (ambolosdous do club Patas de Redondela). Na clasificación por equipos, Julio Freire e Alberto Costas remataron na 4ª posición e Filipe Vilhena e Manuel  Martíns remataron na 6ª posición. A todos eles noraboa pola súa participación e polos bos resultados obtidos!